miércoles, abril 15, 2026

Cancionero y poemario popular (13): Catro vellos mariñeiros


Catro vellos mariñeiros, BIS

todos metidos nun bote.

Boga, boga, mariñeiro,

imos pra Viveiro,

xa se ve San Roque. BIS


Ailalelo ...


Os mariñeiros traballan BIS

de noite coa luz da lúa.

Dá gusto velos chegare

pola mañá cedo

cheirando a frescura. BIS


Ailalelo ...


Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)

vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)

Rapaciña de Viveiro

ven buscar o lote

do teu mariñeiro BIS


Ailalelo ..


No hay comentarios: