miércoles, octubre 08, 2008

8 de Octubre de 2008

DIARIO DE FERROL

O pai do cabo Gago pide a participación na protesta do vindeiro domingo

REDACCIÓN > FERROL

O pai do cabo Gago, Miguel Gago, emitiu un comunicado no que solicita a participación dos cidadáns na manifestación de apoio ó militar sancionado, que sairá do porto de Ferrol este domingo, ás doce do mediodía.

Nos últimos días, tódolos grupos implicados na protesta contra a pena de prisión imposta ó cabo que falou sobre o accidente da fragata “Extremadura” están a desenvolver unha inxente labor informativa. A Plataforma Cidadá editou unha publicación titulada “Os sen voz da Marina” na que se recollen as reflexión da nai de Erik Noval Gómez respecto do acontecido, así como as da familia do cabo primeiro Francisco Javier Pérez Castrillón, quen tamén morreu na explosión que aconteceu no barco. Este documento estase a repartir en lugares concorridos e ferias -é o caso do Feirón de Pontedeume, onde estiveron a fin de semana pasada-.


No hay comentarios: